01 novembro, 2020
LETRAS GALEGAS 2020
26 outubro, 2020
A NOSA MASCOTA
Fai algunhas semanas a Biblioteca propuxo un concurso para conseguir unha mascota que representase a nosa biblioteca. Despois de todo este tempo por fin temos un gañador!!!
Sabemos que estabades ansiosos por coñecer o veredicto do xurado!
A semana pasada fixemos entrega dun diploma a todos os participantes, e por suposto, a Antía, a gañadora deste concurso. O seu debuxo, o Señor Ourizo, será a nosa mascota.
![]() |
| Algúns dos participantes e a gañadora. |
Benvido ao noso cole Señor Ourizo!! Benvido á nosa Nenoteca!
22 outubro, 2020
TEMA CENTRAL DA BIBLIOTECA
Esta semana presentamos aos nenos e nenas de Educación Primaria o tema central da biblioteca.
Trátase dun tema sobre o que xirarán algunhas das actividades programadas dentro do plan anual de lectura do centro.
Para que descubrisen o tema fixemos un Scape Room no que tiveron que poñer a proba todo o seu enxeño e habilidades para descubrir o enigma final.
https://view.genial.ly/5f7e00e7334a2e0da75d2b60/game-breakout-scape-room-conecendo-a-biblioteca
Deixámosvos o enlace para ver se sodes quen de descubrir o código final e para que coñezades máis cousas sobre a nosa NENOTECA.
20 outubro, 2020
DÍA DA BILIOTECA - 24 DE OUTUBRO
O sábado día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil propuxeran esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.
Con motivo da celebración deste día, desde o equipo de biblioteca propoñemos a toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnos de todas as idades, avós, mestres...) a seguinte actividade.
- Podes descargar a portada en blanco do blog ou pedirlla ao teu titor que che envío o arquivo.
17 outubro, 2020
A BIBLIO CHEGA A INFANTIL
A biblioteca do cole tamén pensou nos pequenos de Educación Infantil e repartiu libros entre as clases do primeiro e o segundo ciclo.
Con este préstamo preténdese achegar a lectura a todos eles, e ademais complementar o seu proxecto con libros que lles axuden a descubrir novas cousas sobre os animais.
Tamén se incluiron libros en inglés para que o teacher poida incluir nas súas sesións contidos relacionados co proxecto e facelo interdisciplinar!
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades que caixiñas máis bonitas preparamos para eles!
07 outubro, 2020
A BIBLIOTECA E OS PROXECTOS
Dentro do Plan Anual de Lectura o equipo da biblioteca programou numerosas actividades para levar a cabo ao longo deste curso.
Unha delas é o préstamo de exemplares relacionados coa temática do proxecto a cada aula.
Por esta razón, esta semana fíxose entrega a cada clase dunha cesta de libros para o recuncho do proxecto dentro de cada aula, que se xestionarán de forma interna sempre que se necesite realizar consultas ou realizar lectura libre.
Ante a situación actual do Covid, ademais existen unha normas específicas para a súa utilización, que son desinfectar as mans antes de coller os libros, e tras o seu uso deixalos nun espazo de corentena. Transcorridas 24 horas, os mestres volverán a despositalos no recuncho.
Deste xeito a biblioteca tamén contribúe ao desenvolvemento dos proxectos e anima a todos os peques a seguir aprendendo e investigando a través dos libros.
02 outubro, 2020
OS BOLECHAS VISITAN O NOSO COLE
Hoxe recibimos no edificio de primaria ós Bolechas, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º.
O noso amigo Braulio explicounos que debemos facer ante unha situación de emerxencia: debemos chamar ao 112, manter a calma, intentar explicar o lugar exacto no que nos atopamos...
Pasamos un rato divertido á vez que aprendemos algo moi importante que pode salvar vidas se por desgracia nos toca vivir unha situación extrema.
Deixámosvos algunhas fotos do momento, algún que outro vídeo e amosámosvos o agasallo que nos fixeron.



































