Como cada 20 de noviembre celebramos el Día del Pijama para recordar que todos los niños tienen derecho a tener una familia y la importancia de las familias de acogida.
20 novembro, 2024
DÍA MUNDIAL DE LA INFANCIA
24 outubro, 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Un novo 24 de outubro celebramos no noso colexio o Día das Bibliotecas. Celebrámolo nos diferentes cursos, desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, con distintas actividades adaptadas a cada curso.
Os máis pequenos leron contos especiais nas aulas e visitaron a biblioteca do cole, e os maiores coñeceron a biblioteca do Seminario Menor, da man de Don Ernesto que moito cariño e detalle nos ensinou a colección de máis de 30000 volumes coa que conta a casa.
Agradecemos moito o seu tempo e que nos contase cousas tan interesantes, para coñecer o funcionamento dunha biblioteca histórica.
29 abril, 2024
E-LBE.2
Ao longo deste curso os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria utilizaron a biblioteca virtaul de E-LBE.2 que lles permite o acceso a milleiros de libros online.
Unha experiencia que quixemos probar este curso cos máis maiores, e que esperamos poder extender ao resto da etapa no próximo curso.
KOHA - CATALOGACIÓN DOS FONDOS DA BIBLIOTECA
Un dos obxectivos de mellora que se propuxo o Equipo da Biblioteca para este curso foi catalogar os fondos que a compoñían, dentro do programa da Xunta de Galicia, KOHA.
Como xa sabedes, moitos dos fondos que tiñamos era doados por familias e amigos que sempre se acordan de nós, pero nos últimos anos tivemos a sorte de poder formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, PLAMBE, da Xunta de Galicia, e durante o anterior curso escolar, tamén da rede de BIBLIOTECAS INCLUSIVAS, polo que recibimos importantes subvencións.
Grazas a elas puidemos mellorar o mobiliario, a tecnoloxía da biblioteca e tamén mercar numerosos fondos que xa están catalogados, forrados e en funcionamento na nosa biblioteca.
Como obxectivo para o próximo curso temos o préstamo dixitalizado a través do programa, xa que ata o de agora faise de xeito manual. Cada alumno e alumna terán un carné e poderán acceder aos fondos a través dun número de usuario.
Pouquiño a pouco a nosa Nenoteca medra e mellora na súa xestión de préstamo e organización.
26 abril, 2024
MI FAMILIA LEE
Otra de las propuestas de esta Semana de Animación a la Lectura, ha sido que cada familia se sacase una foto leyendo.
Muchas gracias a todos por vuestra participación y por colaborar en las iniciativas que proponemos desde el centro.
FRANCIA E A LECTURA
Hoxe os rapaces de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de poder escoitar aos compañeiros e compañeiras de 1º da ESO, que co eido da Semana de Animación á Lectura, prepararon unha fábula na materia de francés para eles.
Achegámonos así á cultura francesa da súa man e do profesor Tino, que con moito cariño preparou esta actividade co seu alumnado.
Moitas grazas por poñer un final tan bonito á nosa Semana de Animación Lectora!
AS NOSAS FAMILIAS E AS CULTURAS
Laura e a cultura inglesa. |
Bárbara, e a cultura de Argentina. |
A familia Gutiérrez Jara, e a cultura de Colombia. |
Artem Pustovyi, e a cultura ucraniana. |
Familias visitando aos nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Infantil. |