Ao longo desta semana celebramos a Rosalía, xa que hoxe é o seu día.
Desenvolvéronse actividades variadas na materia de Lingua Galega e deixamos por aquí algunhas fotos de todas elas, como evidencia do traballo realizado.
Ao longo desta semana celebramos a Rosalía, xa que hoxe é o seu día.
Desenvolvéronse actividades variadas na materia de Lingua Galega e deixamos por aquí algunhas fotos de todas elas, como evidencia do traballo realizado.
Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, xunto cos compañeiros de Educación Secundaria.
Entre todos lembramos a importancia dun mundo en paz, especialmente nestes momentos de incerteza que estamos vivindo no noso planeta.
Deixámosvos algunhas fotos, así como da celebración de Educación Infantil.
Como cada 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca Escolar.
Este ano empezamos o día falando sobre as bibliotecas, a función que teñen e o papel que xogan nas nosas vidas, e despois, escribimos cada clase varias palabras que resumisen o noso sentir.
Como cada trimestre, a biblioteca colabora con cada proxecto que se fai no cole, emprestando títulos que complementan o traballo da aula.
Este trimestre, os encargados do Equipo de Biblioteca xa fixeron o seu traballo e encheron os estantes das clases con libros sobre as temáticas dos proxectos.
Como cada curso iniciamos o préstamo de libros na biblioteca, cos axudantes de 6º que se ocupan de axudar aos seus compañeiros e compañeiras doutros cursos, e a xestionar os exemplares da nosa Nenoteca.
Moi pronto, este préstamo realizarase a través da plataforma KOHA, na que estamos rexistrando todos os exemplares que temos no centro.
Comeza un novo curso e con el unha chea de aventuras que nos quedan por vivir.
Acompáñasnos neste novo camiño?
Feliz curso 2023 - 2024